ÚLTIMA HORA
farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

O noso himno é noso

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Xerardo Fernández Blanco - Tui

Toda a xente sabe que a letra do Himno de Galicia é un poema escrito por Eduardo Pondal. Queixumes dos Pinos -que así se chama o poema- é un texto literario que se estuda dentro dun período da Literatura Galega chamado O Rexurdimento. Período no que aparecen figuras claves das nosas letras como Curros Enríquez , Rosalía de Castro ou o propio Pondal. De todos modos, coido que para a cuestión que nos ocupa nesta carta, o máis importante é a temática que se desprende das obras dos autores pertencentes a tal movemento literario. Para elo nada mellor que ir a letra do propio poema no que se basea o noso himno e atopar versos tales como "estima non se alcanza cun vil xemido brando". O obxectivo destes versos ( aplicable a todo O Rexurdimento) é a de espertar un pobo xa non simplemente durmido, senón anestesiado polos avatares dos séculos que se deron en chamar Escuros, a de reactivar a vontade de existir dun pobo para que tome o temón da súa travesía polo mundo. É polo tanto unha literatura destinada a recuperar a autoestima dunha Terra cuia cultura (como ben dixo Goethe) fora nun tempo xerme do Europeísmo moderno. Para elo, Pondal tenta facerlle ver ós galegos que forman parte dun pobo que posúe un pasado do que sentirse orgulloso: O mundo Celta.
Deixando a un lado o romanticismo que caracterizou o período, os Celtas, os Bardos, e un pasado glorioso que se mestura coas brétemas da orixe dos tempos, cómpre tirar unha conclusión obxectiva; a meta final daqueles escritores, poetas, historiadores e demais intelectuais foi a de proporcionar a Galicia e ós galegos a dignidade e a autoestima para que o noso Pobo puidese volver a camiñar.
A versión flamenca do Himno de Galicia é inapropiada e improcedente. A letra do noso Himno é un pedaciño do noso existir, que reflexa unha situación histórica moi determinada cun único protagonista: O Pobo Galego. Estando inda presente na nosa sociedade aquel contexto histórico que inspirou a Pondal para a creación de Queixumes dos Pinos, o noso Himno non debe ter máis influencia que a da tradición galeguista que nos deixaron aqueles patriarcas da nosa cultura.
Xerardo Fernández Blanco - Tui

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009