Días atrás ollei nos xornais a foto sorrinte de Anxo Quintana cun lotiño de condóns na man. A imaxe -dirixida á diana da poboación xuvenil galega- espalla unha mensaxe certamente antipedagóxica dende o punto de vista da sexualidade humán e xa ren cabe dicir do concepto de amor que suxire.
Non sei se Anxo Quintana admite que a formación dos mozos e mozas galegos é tarefa prevalente das familias, sendo a Xunta instancia importante anque subsidiaria; e que, porén, calisquer política educativa agromada no seo dun executivo demócrata e libre tería de respetar de antemán o superior criterio de nais e pais.
Señor Anxo: coidoo enterado de que -agás fabas contadas de abusos no fogar (eiquí cómpre lembrar ás parellas de feito como factor de máis peso)-, o común dos casos amosa que a familia sabe querer aos seus compoñentes mellor do que calquera Goberno sabe. Isto, loxicamente, non supón demérito cara a ninguén gobernante. E de aí xurde a miña fiducia no sentido común do vicepresidente.
Agora ben: se -trocando os termos da ecuación- vostede téntase impoñer a os mozos e mozas a filosofía dos talleres "Quérote" entón ficaría patente que está a argallar unha tráxica versión da coña mariñeira, radicalmente disoante co proxecto educativo decidido polas familias.
Abofé que Galicia irá ao garete se a Xunta se atreve a invadi-lo ámbito competencial exclusivo de pais e nais.
Xusto Otero González - Vilagarcía