ÚLTIMA HORA
farodevigo.es » Cartas
    Noticia siguiente 

Sobre a Biblioteca do Estado

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Ana Martínez Piñeiro - Vigo

Dende hai algún tempo, cada vez que se fala de Vigo, apúntase entre os elementos que demostran a discriminación que sofre a cidade, a ausencia de Biblioteca Pública do Estado e acúsase ao actual goberno central de impedir que Vigo conte con esa biblioteca. Moitas veces enmárcase nun contexto comparativo coa cidade da Coruña que, como capital de provincia que é, si a ten. Esquecen os que tal reclaman que A Coruña tamén ten unha biblioteca da Deputación, pero esa, non interesa pedila para a cidade olívica? Esquecen tamén que a cidade coruñesa conta cunha rede de bibliotecas municipais ben artellada que dá servizo a todos os barrios, pero non reclaman tal para a nosa cidade.
O problema bibliotecario que ten Vigo non se soluciona cunha Biblioteca Pública do Estado, senón cunha rede potente de bibliotecas municipais. Facela require que o goberno municipal en lugar de laiarse e botar as culpas a canta administración hai doutro partido político, elabore un plano ambicioso, e invirta neuronas e, sobre todo, cartos en dotar a esta cidade da rede de bibliotecas que merece. Cando o concello teña ese plano elaborado poderá reclamar ao Ministerio de Cultura, á Consellería de Cultura e á Deputación Provincial cartos para levar a cabo o proxecto. Pero laiarse e ao mesmo tempo permitir que a cidade medre sen previsión de dotacións culturais axeitadas, só demostra incompetencia e de-sinterese por fomentar a cultura nesta cidade.
Menos mal que o futuro reitor da Universidade de Vigo pretende investir cartos en crear outra biblioteca (que ha ser pública necesariamente, ao situala nun barrio sen vinculación ningunha coa investigación nin a docencia-aprendizaxe universitarias) xustamente no único barrio de Vigo que xa ten unha, o Casco Vello (en cambio, non proxecta, que se saiba, biblioteca para o famoso Parque Tecnolóxico, pero ese é outro tema...).
E o resto dos barrios? Seguirán a escoitar con paciencia as queixas da alcaldesa contra todo o resto das administracións? Ou introducirán nese famoso Plan de Barrios a necesidade imperiosa de dotalos de centros culturais que inclúan biblioteca, ludoteca, salas de concertos, locais de ensaio...?
Ana Martínez Piñeiro - Vigo

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009