ÚLTIMA HORA
farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

"Eres actor, ¿y vives de ello?"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Teatro Arte Livre de Vigo - Cangas

Jajajaja, faime gracia a pregunta e faime gracia a resposta. ¿Preguntaranlle o mesmo a unha abogaba, a un dentista ou a un cura homosexual?
Fai uns días unha señora pasaba pola porta do teatro no que traballo e me di: "Mira, perdona, ¿aquí hay que pagar?". Déronme ganas de dicirlle "¿E logo a representación dunha boda non hai que pagarlla ó cura?". Ben, xa me estou metendo moito con eles, pobriños, que culpa teñen de que a xente sexa tan ignorante.
A coitadiña da señora dime: "A mí me gusta mucho el cine, pero teatro sólo voy a ver teatro del bueno". ¿Cal é teatro do bo señora? Debía ser cando viña Lina Morgan ó García Barbón, porque tiña pinta de non pisar un teatro en moitos anos. "¿E como sabe si esta obra é boa ou mala?", pregunteille. "Bueno y ¿cuánto cuesta la entrada?" ¿Virá algún día?
Por desgracia éste non é un caso aillado. "¿Pero ahí hacéis teatro de verdad?", díxome outro día unha moza que traballa polo barrio. Non ou, facemos tódalas fines de semana a festa da pata do porco.
Xente!!, que tamén se pode facer teatro do bo e de verdade nun sitio pequeno.
E agora ven a reivindicación. Señores políticos que manexan os cartos de todos, Vigo acolle a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia e, como unha billa que non para de gotear, irán saíndo novos actores e actrices con ganas de traballar. ¿Que vai pasar, a TVG vai a acoller a todos? O teatro tamén ten que dar traballo, pero para que sobreviva, cómpre que haxa público, e para que o público asista temos que facer un esforzo para revertir a mentalidade xurásica da xente, que vai só ós teatros "grandes" cando actúan famosos. Desde o colectivo teatral temos que ofrecer espectáculos de calidade que desperten o interese das persoas; os medios de comunicación tedes que apoiar máis as ofertas culturais así como ofrecer máis información, creando unha sección fixa de carteleira teatral (igual que o cine); a Xunta de Galicia ten que aumentar as subvencións ás produccións teatrais e urxe unha campaña publicitaria que estimule á xente a vir ó teatro. Inxenuo de min pensaba que non, pero si, hai que facer ver cal é a importancia do teatro nunha sociedade como a nosa e que cousas aporta ó individuo.
Pois iso, a ver se podemos morrer vivindo do noso traballo. E perdón se mexei moito por fóra.
Mighello Blanco, actor do
Teatro Arte Livre de Vigo - Cangas

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009