Unha embarcación de nome "Florida" agarda no peirao dunha vila turística. De casco beige tipo anos setenta cun baluarte alto de máis para ser aerodinámica. Catro estudantes Erasmus xogan a bordo. Un inglés, dúas checas e un ourensano. O mar está coma un plato, pero algo se acerca. Escóitanse golpes no casco de poliéster. Os cabos de amarre aparecen cortados. Pánico de Erasmus no iate vello. O inglés xa non rixe polo moito viño. O único sereo parece ser o ourensano. O paquebote navega á deriva levado por un ser das profundidades rumbo á Bouzas beach. De súpeto emerxen por babor as fauces dun grande tiburón blanco. As chicas checas berran. O ourensán berra. O inglés ri. O helicóptero de Salvamento Marítimo está ocupado en Cabo Silleiro. Ninguén está disposto a tirarse a auga. E o superheroe está no Gran Sole. O exército está atrapado no atasco de Rande. Os bombeiros romperon o camión. Non hai nada que facer polos Erasmus. O tiburón bate unha e outra vez no poliéster. O iate fai augas. Pronto saltará sobre a borda papando neles. "Sálvese quen poida, que eu xa estou agarrado" -berra o ourensán. Por estribor ben o tiburón blanco famento. Berros. A xente come palomitas no peirao. Xa é tarde para lamentarse. Corten! Berra o diretor alporizado. Hai que repetir a escea.