Unha creadora galega. Editora, tradutora e conferenciante. Lírica e satírica. Coleccionista. Na súa biblioteca tiña cen edicións de El Quijote. Cuarta muller á que se lle adican as Letras Galegas. Nas tres últimas edicións foron para escritores con moita produción en literatura infantil.

A "peregrina cacereña" chega ó instituto de Lugo a principios dos 60. Ven acompañada dun cego, o seu Lazarillo. "Daba amor e non era correspondida". Aínda que dende entón soporta cargas familiares segue con vontade de escribir. Daquela fixo contos e relatos curtos preciosistas.

Xa na cidade do Lérez, abriu xunto a outros intelectuais a Librería Xuntanza, onde se podían atopar publicacións prohibidas. Incómoda para o Réxime, deciden retirarlle o pasaporte.

Os protagonistas das súas obras adoitan ser adolescentes pero os lectores non foron só os mozos. Fíxase unha esixencia máxima na súa literatura. Semellan experiencias vividas.

Deulle problemas a antoloxía sobre "Os Novísimos da poesía galega". A crítica dixo que eran "epígonos da poesía social". Akal tivo que censurar un poema de Alfredo Conde sobre El Che.

"Mar Adiante", o seu primeiro libro infantil. Fala dunha escola subversiva e libre que non se parece á realidade. "Festa do faiado" é un antecente cruel de "Toy Story". Cando non gaña o primeiro premio por "Leonardo e os fontaneiros" comentou "hai xurados que non saben ler"; tiña criterio, formado na Complutense con Dámaso Alonso, e seguridade en si mesma. "Anagnórise" segue, como "Onde o aire non era brisa", de rabiosa actualidade. Non ignora o problema da droga en "Guedellas de seda e liño" que sufriu co seu propio fillo.

En "Diario da luz e sombra" narra a súa loita contra o cancro de mama. Levaba cinco anos co mal e morrería o ano seguinte. Pero, afirma Mercedes Queizás, "con esperanza, afouteza e humor negro". Con paralelismos con "Futuro Imperfecto", no que Xulia Alonso fala da sida, ou "E os domingos un croissant", onde Ursula Heinze conta a experiencia propia nun psiquiátrico.