O Arteixo faise en Redondela e Chapela. Eu, a verdade, descoñecíao moito pero nesta décima edición involucreime. Sabía que estaba Kiko Amoedo´s cun bo equipo. De feito o Grupo Casa Paco tamén colaborou, como moitos otros colectivos xente a nivel individual, ANPAS, comercios, etc., decorando os escaparates, bibliotecas, colexios, etc.

Foi un éxito ver polas rúas e o río verdadeiras obras de enxeñería artística. Digo futuro porque facendo con ideas, gusto e sensibilidade (e o pobo de Redondela teno), eu creo que até se merecía ter unha votación para coñecer a mellor idea ou deseño.

Gustaríame que se implicase máis xente, facendo nas súas portas ou balcóns algunha obra. E incluso as mesmas cafeterías, porque unha foto no seu establecemento, relativo ao evento, tamén podería valer.

Por iso os meus parabéns para Kiko e o seu equipo, para que o sigan así facendo con tanto agarimo