Martiño rescata dous fitos memorables de Don Ramón Otero Pedrayo. Desde 1947 encargouse dunha sección en La Noche titulada "O parladoiro" onde retoma a lingua galega. No 58 pronunciou un discurso evocador e esperanzador no Paraninfo da Universidade. É a primeira lección en galego trala Guerra. O auditorio estaba ateigado de xente moza que terminou chorando pola emoción.

Miguel Santalices suliña "a profunda bonhomía e cercanía"do membro da Xeración Nós. Afastado da docencia desde o 37, era mestre no Instituto de Ourense, ata o 48. Dous anos despois de ser rehabilitado ganou a cátedra de xeografía. Empregou unha cartografía matemática como fixera Fontán; Domingo referírase ó mapa de Galicia como "O rosto da nosa terra". Dicía tamén Otero Pedrayo que Portugal era unha prolongación lingüística de Galicia e viceversa.

Do avó recibiu o amor pola tertulia. O pai, Enrique, era médico. Como o son o alcalde de Santiago e o presidente do Parlamento. Son "hoplitas da liberdade"e entusiastas do coñecemento.

Non era só un escritor agrarista. A cidade está presente en gran parte da súa obra. Santiago,"a cidade galega por excelencia",era máis que igrexas e estudantes. Un lugar romántico onde se educara a xeración que salvaría a Galicia; referíase á do 46. Os seus tres espazos paradigmáticos en Compostela son a Facultade de Filosofía e Letras, o Café Español e o Hotel España.

Ás veces a aldea é o tarro das esencias, comenta o estudoso Ramón Villares. Trasalba simboliza a paz infinda da Boca Ribeira do Miño; unha epifanía de cores e vides. No conto "O fidalgo" no pobo vese a fartura dos bocois de viño nun hafestado herdeiro. Pero tamén hai ocasións nas que o rural é o lugar dos que non entenden. Non quería ver o fondo impacto medioambiental de Ribadavia e por iso cando se achegaba por aló o tren pechaba as cortinas.

Pasou 14 invernos en Madrid, múdexar e poeirento. Acordara coa súa nai combinar eses anos entre Trasalba e a capital. Alí tivo lugar unha fase importante de formación e, durante a República, foi deputado do 31 ó 33. Engadamos tamén ás visitas á consulta do doutor Marañón.