28 de marzo de 2018
28.03.2018

Da folga de Xustiza

28.03.2018 | 06:16

Son un funcionario da Administración de Xustiza en Galiza, un dos que se inclúe nese 80% de media que nos atopamos en folga dende fai máis de 45 días. Nin son delegado sindical nin siquera estou afiliado, polo tanto as puntualizacións que vou facer cuio sentir compartimos moitos compañeiros son en calidade de mero traballador da dita administración.

Na última asamblea que levaron a cabo os sindicatos se nos consultou literalmente: "De cara ás próximas reunións coa Xunta: considero que non se pode baixar de 190 euros; considero que sí se poder baixar de 190 euros", sendo este último o parecer aprobado por maioría. Polo tanto, en ningún momento foron desautorizados os sindicatos como se dixo nalgúns medios de comunicación e como así foi trasladado á opinión pública tanto polo conselleiro (ausente) Rueda Valenzuela, como polo presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo (tamén ausente), senón todo o contrario: os sindicatos acuden ás negociacións respaldados polas asambleas e acatando en todo momento as esixencias aprobadas pola maioría e, para máis exactitude, nas negociacións as cantidades que poidan ser ofertadas non serán aceptadas polo comité de folga sin o consentimento expreso das asambleas. E máis, a unión dos sete sindicatos que compoñen o comité de folga, cadanseu da súa tendencia, radica na nosa unión e esixencia de unidade que lles requerimos a eles.

Por certo, dende estas liñas invito a Carlos Luis Rodríguez e algún periodista máis para que asista a algunha asamblea das que celebramos, a fin de que nos artigos que publican na prensa transmitan a realidade e non intepretacións torticeiras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine