Cada vez morre máis xente polo egoísmo doutros. Xente traballadora, xente de ben que está sendo vítima das inxustizas do poder.

Fai pouco, Facenda mandou unha empresa facendo fotos polas palleiras. Fotos de 60 euros que pagamos nós a unha firma privada contratada pola Xunta de Galicia. Un traballo de campo buscando posibles construccións ou variacións que non constaran no catastro para recaudar máis. Máis IBI, máis fotos e, de repente, un alpendre que abriga un burro convírtese nunha cochera. Pola zona de Ferrol tamén andan detrás doutros delincuentes perigosísimos: os plantapatacas. Veña inspeccións da polilla guatemalteca. Por que somos sempre os mesmos chivos expiatorios?

Cando o chapapote, todos axudaron coas mans e eles puxeron o corpo para a foto. Dame noxo verlles tantas medallas no peito, non se pode confiar nesa xente. So teñen a Galicia para encher os seus bandullos de marisco, pero do mellor. Por que non o van pescar eles? Moitos mariñeiros non volven do mar, e as viúvas e orfos quedan cunha pensión miserable.

Convertiron a nosa terra nun eucaliptal a base de políticas nefastas. Non hai máis que ver a falta de previsión nos devastadores incendios destos días. Galicia se vende. Véndese a calquer empresa que se queira facer rica aínda que arruine o país.

Son doentes polos cartos.

Despois falan de "Galicia calidade". A calidade estana destruindo por tódolos lados. Que mágoa, non haberá ninguén que a defenda?

Despois bombardéannos co eslogan: "Ruralízate". E como? A caza de bruxas contra o noso agro está afogando ós labregos.

Un consello, aforrade os cartos de toda esa publicidade, parece que vos rides da xente.

E tampouco fai falla que fagades propaganda institucional da xestión do lume, porque ninguén vos cree xa.

O único que salva a Galicia son os galegos que están sempre ahí. No Prestige, en Angrois, contra o lume, no agro, na sanidade pública, no mar, no ensino público, defendendo o patrimonio.