Non sei se esta carta chegará ó lugar apropiado, se á Xunta ou ó Concello, espero que non a peloteen e dean solución o problema.

O pasado día 5 de outubro saín a correr co meu fillo de sete anos que ia en bicicleta, isto o levamos facendo dende hai tempo xa, pero nesta ocasión a fortuna non estaba da nosa parte. No tramo do paseo do Lagares que hai dende a Ponte Romana en Sárdoma ata a estrada que vai para o Centro C. Gran Vía hai un tramo do río cun desnivel de tres metros aproximadamente, aí precisamente o meu fillo despistouse e caeu ó río, consecuencia fractura de cúbito e radio e fractura periorbitaria, grazas a que levaba o casco posto senón en vez de estar no hospital como estamos, falaríamos de algo máis gordo.

A miña petición é simple, non quero que isto lle poida suceder a ninguén máis. Por favor valen este tramo do río. Debido a cantidade de xente que o usa, non sería estraño que sucedera outro accidente que tivera consecuencias peores.