Non sei se este título pode ser o apropiado para refirirse ós contidos dos que vou intentar falar. Sexa como sexa as cousas que lemos ou vemos en tódolos medios están ahí para pensar un pouquiño nelas.

Vou comezar polas historias ou contos das vidas dos variados personaxes que nos ofrecen os distintos programas das telvisións e máis as revistas chamadas do corazón, que, por outra parte, non sei a que vén iso, pois o do corazón é algo máis serio, non?

Así se xoga coas formas de vida das persoas que se someten para saciar o morbo dun mundo de xente e ó mesmo tempo gañarse o pan.

Cada quen pode vivir como queira, pero é unha vergoña vender as súas intimidades e máis ahínda para quen as compra.

Non fai falta nomear a moitos deses medios que ten seccións, programas e espazos dedicados a publicar eses contidos que non serven máis que para cegar as nosas mentes con esa falsa cultura.

O grave é que ver como se venden e compran esas historias das vidas de persoas pasa a ser algo normal no que todos estamos dalgunha maneira implicados. Estas cousas que se pode chamar telebasura e outras máis, que nos están a meter tanto polos ollos para conseguir audiencias bobas, e que nos impiden ver e escoller o que é importante para a nosa formación. Todo iso vai poñendo vaga a nosa mente para traballar nos verdadeiros campos da riqueza persoal do intelecto.

Pero o que me parece máis penoso aínda é que a televisión pública tamén caia nese tipo de negocios.

Penso que os medios públicos están para transmitir unha verdadeira cultura que fomente os valores cívicos e intelectuais dos cidadáns.