A socióloga de orixe xermana Ruth Glass inventou este neoloxismo en 1964 para referirse os cambios sociais que se presentaban en Londres con relación ao territorio. O concepto fai referencia ao proceso de transformación dun espazo urbano deteriorado -ou en declive- a partir da reconstrución -ou rehabilitación- o que provoca un aumento dos alugueres ou do custo habitacional nestes espazos. A consecuencia deste proceso reflíctese nos residentes tradicionais que terminan por abandonar o barrio que pasa a ser ocupado por clases sociais con maior capacidade económica que lles permita achegar estes novos custos. O proceso non afecta soamente ao aluguer das vivendas senón tamén os usos comerciais ou aos servizos que termina por afectar aos pequenos comercios e ven ocorrendo en cidades con importante potencial turístico e relevancia económica.

A gentrificación enténdese xa que logo, como unha sorte de "segregación" social ao desprazar a unha parte da poboación en favor dun estrato superior.

Ben a conto isto do proceso, ao meu xuízo non so irreversible senón en aumento, que ven acontecendo en determinadas zonas costeiras galegas.

Favorecidas pola auxe dos alugueres entre particulares, inquilinos asentados dende hai anos en concellos como Sanxenxo, O Grove, Cangas, Bueu, Nigrán o Baiona, por poñer uns exemplos, integrados nos seus barrios, están sendo obrigados a abandonar as súas vivendas xa que aos seus hospedadores cómprelles máis o aluguer de casas e pisos para os turistas durante tres meses (con alugueres de 3.000, 4.000 ou 5.000 euros mensuais) que manter aos seus inquilinos habituais durante todo o ano. Isto acontece tamén en cidades universitarias como Santiago onde os estudantes están sendo especialmente afectados.

E iso redunda noutros aspectos da vida social destes pobos e vilas costeiras. A creación de grandes superficies comerciais en detrimento do pequeno comercio local, o incremento escandaloso dos prezos en mercados, prazas de abastos, restaurantes, bares en época estival o que xa provoca protestas dos clientes habituais. En moitos zonas os propietarios destes negocios de hostalería exercen unha sorte de "bulling" sobre os veciños ao imporlle prezos prohibitivos por consumos cuxos prezos se disparan 3 ou 4 veces respecto dos habituais do resto do ano.Se cadra todo isto ten que ver ca chamada "turismofobia". Non?