Segundo as últimas enquisas de intención de voto en España son as seguintes:

Nova caída do PP.

Baixa Unidos Podemos.

Cidadáns segue case igual.

Sobe o PSOE.

Mentres os demais na práctica como sempre.

En resumo, a vida segue igual e a única posible alianza cunha maioría absoluta é a do PP con Cidadáns.

Desde o meu humilde punto de vista e falando en prata estamos fodidos (perdón pola expresión) e o máis triste é que, si o PSOE agora mesmo presentase unha moción de censura, a esquerda gañaría sen problema.

O problema é o de sempre, que uns a cambio do seu voto esixen unha cousa e outros outra, cando a realidade é marcarse un obxectivo común "sacar ao PP do goberno".

E unha cousa está moi clara, o pobo segue sufrindo mentres as súas Señorías non se poñen de acordo no obxectivo principal, como xa dixen, e logo que falen e dialoguen todo o que queiran, pero vale xa de tanta demagoxia barata; a xente está farta e cada día máis desanimada e con menos ganas de ir votar. Razóns sobran, non hai máis que ver o cambio de rumbo de Podemos que ao final está pagando agora coa baixada na intención de voto e é que a loita entre Iñigo Errejón e Pablo Iglesias pasou factura e total pra nada, xa que a nova política que está facendo Podemos é na práctica a que no seu día propuxo Errejón, que era un Podemos máis amable é dicir "tender pontes".

Doutra banda no PSOE aínda seguen divididos, non todos por sorte, pero os partidarios de Susana Díaz, máis radicais e obviamente egoístas, non queren dar o brazo a torcer e parte da culpa por non dicir toda tena a señora Díaz, que non soubo ser sinceira e pensar en todos os españois, dando un discurso a tódolos seus afíns pra que o actual secretario do PSOE teña as mans libres e poida pactar con quen o considere oportuno para sacar a Rajoy do Goberno .

En canto aos demais grupos políticos sobran as palabras, o mesmo obxectivo, sacar ao comandante en xefe e logo negociar.

E si as súas señorías non fan isto con moita brevidade, serán os culpables do sufrimento de todos os traballadores/as do Estado español. Como é obvio a Cidadáns xa nin os nomeo, posto que son as novas xeracións do PP. Só queda un mes xa para acabar o verán e entón chegará a volta ao colexio e acábanse os contratos do verán, o paro volverá subir, as pensións segundo o F.M.I hai que conxelalas durante catro anos, cos que os xubilados e pensionistas, perderán un 8% do seu poder adquisitivo, os ricos serán máis ricos e os pobres non poderán selo máis, como di unha canción do gran mestre Cubano, Carlos Puebla.