Verbo do patrimonio -cultural e natural- de España e de Galicia en particular, lembrarei que somos xente privilexiada por posuilo á vez que algo inxenua por obviar ameazas que penden sobre o mesmo coma espada de Damocles.

O encanto e a magnitude do noso patrimonio semella evidente a calquera observador, sendo tamén valor internacionalmente recoñecido pola Unesco que sitúa a España no primeiro posto do ranquin mundial en Reservas da Biosfera (con 48 reservas) e no terceiro posto en Patrimonio da Humanidade (44 sitios), só por detrás de Italia (49) e China (45).

Tan colosal stock natural/cultural revalíase aínda máis por térmolo perto ou inserido en núcleos urbáns e acubillado por unha tradición milenaria de achega libre e gratuita, circunstancia que cómpre calificar de "ventureira" por canto supón de disfrute democrático de bens que arriquecen a sensibilidade e intelixencia dos humáns. Bens que, en contraparte, aloxan elevado risco de sufrir impactos antropoxénicos. E daquela sobran coñas.

Subliñaría tres grupos humáns causantes de impacto e os motivos que o explican.

1) Os delincuentes que a Policía adoita arrestar unha e outra vez ao cachalos in fraganti en delitos menores. Trátase de xente que namáis entrar a chirona sae libre, simplemente porque a nosa poboación reclusa triplica a capacidade das nosas cárceres e obriga ao sistema penitenciario a evita-lo facinamento facendo cos presos máis xiereiros á permanencia sexan os máis perigosos. Asemade os xuices tamén asumen que neste intre histórico o clima social no interior dunha cárcere non axuda a reinsertar senón todo o contrario, emporiso o sistema topa neste argumento un motivo adicional para xustifica-la posta en liberdade dos roubagaliñas. O certo é que o modus operandi estatal aforra ao Estado moreas de cartos necesarios para edificar novas cárceres. Aforro conquerido a conta de acrece-la inseguridade cidadán sen implementar de forma proporcional o gasto en vixilancia profesional da espazo público.

2) Os tolos -nome que a gramática política suaviza chamándolles doentes mentais- que topamos fluctuando por rúas e prazas e que se tiveran vivido antes da 2ª GM residírían en manicomios -nome que a semántica suaviza tamén coa palabra frenópatico- pois que os psiquiatras aseguran que as doenzas mentais curan mellor -ou empeoran menos- cando os doentes andan mixturados coa xente normal. Emporiso o sistema sanitario tamén obtén forte aforro económico ao prescindir do persoal necesario para acompañar full time a doentes de maxín.

3) Os turistas vandálicos -mínima minoría do turismo total-, que planean a vacación estival ao xeito dos futboleiros ultra que fan camorra tralos partidos de fútbol. O caso é que se agrede patrimonio e ben se ven as carencias educativas dos anglosaxóns no asunto do consumo intelixente de viño ou o nulo aprecio que prestan ao factor socializante do viño cando se sabe beber e que, por contraste, a nosa xente maior ten aprendido xa dende o berce.

En resumo: visto que hai motivos para que o Estado aplique a fondo a normativa legal que afogue os chispazos de vandalismo cultural e as reaccións ilegais inducidas. E visto que dende hai un lustro o problema medra á par que a resposta estatal míngoa, gostaríame que a clase política teña conciencia do problema e lle poña a proa con decisión facendo operativa á lei e así poder evitar polas boas que xente malvada, tola, borracha ou fanática machuque cruceiros de pedra en Carril e Cambados ou que paramiltares de Arran apliquen xustiza de kale borroka.