cartas al director

Aclaracións do IES Chapela

05.08.2017 | 04:55

En relación coa carta ao director publicada pola profesora Margarita Beiro González o domingo día 30 de xullo queremos informar.

1) No curso pasado un pequeno número de familias presentou unha reclamación contra as cualificacións de insuficiente que obtiveran na materia de Tecnoloxía as súas fillas e fillos.

2) Estas reclamacións recibiron o mesmo tratamento que as que se presentan en calquera centro do sistema educativo galego: revisión das cualificacións polo propio departamento, comunicación á inspección educativa e finalmente revisión por unha comisión integrada por profesoras e profesores que imparten a mesma especialidade.

3) Que en 5 casos a comisión decidiu que a cualificación de insuficiente era incorrecta. O argumento utilizado pola comisión foi que os contidos esixidos pola profesora titular non eran os propios do nivel educativo.

4) Neste curso unha única familia presentou unha reclamación semellante. A comisión que revisou a cualificación, formada lembramos por profesoras e profesores especialistas en Tecnoloxía, decidiu que a cualificación de insuficiente é incorrecta, utilizando o mesmo argumento que respecto das reclamacións do curso pasado.

5) A normativa vixente recoñece ás familias o dereito a reclamar contra as cualificacións que consideran incorrectas.

6) O Claustro de profesoras e profesores do IES Chapela está formado por 70 profesionais que desenvolven a súa práctica educativa e avalían o alumnado con total autonomía e responsabilidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine