O señor de Cabral

27.07.2017 | 04:55

Para que saiban os veciños de Cabral e a cidadanía en xeral da ilegalidade coa que o presidente de montes de Cabral xestiona a comunidade, podo dicir, poñendo a 640 persoas por testemuña, que Luis Rodríguez, con toda naturalidade di literalmente a través de megafonía, en asemblea (28/5/2017) que moitas veces executa obras "sen ningún tipo de permiso".

Este señor ignora que o seu proceder é máis que condenable, pensa que aínda vivimos en tempos do feudalismo, onde o señor exercía o poder absoluto dun territorio.

Podo mencionar unha morea de ilegalidades cometidas por Luis Rodríguez, pero para exemplo citarei soamente tres actuacións sobre as que xira a xestión da directiva da comunidade.

Porto Cabral: Este asunto, igual que os que a continuación expoño, tratouse dunha maneira fraudulenta, xa que estivo totalmente carente dos requisitos legais e estatutarios, coa intención de aprobalo a man alzada, cando é un Acto de Disposición que ten unha singularidade extraordinaria. Os veciños loitaron ata conseguir unha asemblea informativa e votación en urna, na que o resultado foi claro: non ó centro comercial.

Paseo do Lagares: Esta obra foi iniciada sen nin sequera terse debatido na asemblea de comuneiros. A inversión prevista achégase ó millón e medio de euros! Os terreos que ocuparía a senda ó longo de cinco quilómetros son de particulares no 95%. Este despropósito aumenta cando observamos estas liñas do informe do secretario da Xerencia Municipal de Urbanismo, José Riesgo Boluda, que paso a transcribir, para que vostedes saquen as conclusións que estimen oportunas: "No escenario descrito non procede, baixo ningún punto de vista, instar da CMVMC de Cabral a incorporación ó expediente de autorización de ocupación outorgadas polos titulares das parcelas por onde discorre a senda peonil pois o trazado desta transcorre polo monte veciñal". É dicir, vemos que afirma que a comunidade de montes non precisa da autorización dos propietarios porque a senda pasa polo monte, cando a realidade é que a comunidade de montes é propietaria soamente do 5% dos terreos que ocuparía a senda. Se isto non é prevaricar, señor Boluda, que nolo diga un xuíz!

Convenio co Aero Club: Outra vez máis, sistemáticamente, infrinxen os Estatutos e a Lei. A cesión de terreo por trinta anos é un Acto de Disposición, asunto de carácter extraordinario, polo que require o voto favorable do 30% do censo e non pode ser tratado en asemblea como asunto ordinario.

Vergoñenta e patética a aprobación do convenio co Aero Club, como non podía ser doutra maneira, pois toda, ou case toda a xestión deste presidente, que dende algúns entes públicos avalan, vulnera a legalidade.

Ante semellantes actuacións non nos estraña que o presidente e o secretario sigan imputados no xulgado en causa declarada como complexa. E o peor aínda está por vir.Démoslle tempo á xustiza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine