cartas al director

No Día da Patria: arredismo

23.07.2017 | 06:01

Ese nacionalismo de mínimos na Galiza. Ese nacionalismo de franquicia que afunde as súas raizames so dunha mesa de piñeiro e cheira aínda a un incienso de clandestina misa de Bonaval. Ese nacionalismo que só fala de independentismo pola boca pequena para non minguar poder eleitoral. Que se dá polas rúas compostelás en romería laica mentres o resto do ano tatexa a palabra Independencia como un neno medoñento castigado no despacho do titor. Un nacionalismo que dá en celebrar xantares de confraternidade anunciando República e Rupturismo, así sen adxectivar. República Española ou Galega? Como se Galiza fora non máis do que un adxectivo da sustantiva España.

Seguiremos os galegos a ser carne de escravatura un século máis, a remar en Galeras perante a Vista Alegre dos Mareantes que máis que á forza da lúa responde aos intereses das piscifactorías madrileñas? Claro que tambén Podemos celebrar en clave feminista desa burguesía discriminada no acceso á mulida cadeira de profesión liberal. Aproveitando que vimos de clausurar as clases sociais por ese arriscado concepto liberador de arriba e abaixo na verticalidade do poder.

E mentres a dereita esfrega as mans en ritus de barbantesa e arma as forzas de represión, eu sigo a asolagar no pasado para tentar de achar onde foi que involucionamos. En que momento da historia silenciada decidimos que para mellor ser galegos tiñamos que exercer arteiramente de españois?

Ollando hoxe o proceso independentista de Catalunya cunha envexa descomunal, dou en ler o livro de Xosé Lois García: Castelao i Catalunya, escolma de artigos de Castelao que recolleu a prensa catalá e leo unha súa sentenza que semella escrita agora: "Polo esforzo de Catalunya fixéronse posiveis as aspiracións da nosa Terra". Os "olimpos" republicanos -como chamava Castelao aos centralistas- sentíanse silenciosamente frustrados máis que pola dialéctica pola afirmación hexemónica de Catalunya e Galiza". Por onde anda hoxe nos partidos políticos esa afirmación hexemónica?

De vivires hoxe Castelao asistiría a unha conferencia sobre a historia do nacionalismo e marcharía coa estrelada polas rúas cara a Quintana dos mortos? Confraternizaría no Parque de Galeras cos remeiros da República Rupturista capitaneada por España? Ou estaría entre nós, os marxinais, como gostan en nos etiquetar os medios de comunicación de uns e doutros, sen medo a reclamar a Independencia polos vieiros do arredismo?

Como é posíbel que un cento de anos após a criazón das Irmandades da Fala aínda esteamos vivindo de costas a Portugal e ao mundo da lusofonía, cunha Lei Paz Andrade sen desenvolver? Como é posíbel que os partidos do arco parlamentar non dean chío? Como podemos repetir os mesmos erros que cometimos cando o Frente Popular?

Como pode ser que R. Vilar Ponte no ano 21 teña claro que ten que ser arredista pois que só despois de separada e reconstruída Galiza estará en condicións reais de igualdade respecto das outras nazóns ibéricas e hoxe tanto nacionalismo acaxome ao doce abeiro centralismo español alegando unidade dunha presunta esquerda ou burda estratexia?

Como é posíblel que Fuco Gómez e o CRAG tivera nos anos 20 un programa arredista máis reivindicativo cós de hoxe? Que fale dunha autonomía municipal e parroquial, da abolición dos exércitos e dos privilexios, da defensa dunha sociedade laica de pequenos propietarios, dunha moral cívica laica, da igualdade plena entre os sexos, da galeguizaxión lingüística e cultural,da independencia de todas as nazóns de España...? Que os pondalianos de Bos Aires, un Lino Pérez ou un XB Abraira reclamaran o independentismo sen medias tintas e hoxe asistamos a outra emigración dos xurelos, mais sen saír da nosa Terra?

Son cousas... que diría o outro!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine