Hai máis ou menos dous longos meses que un servizo do Concello de Vigo colocou un valo na rúa San Xoán co fin de sinalar un afundimento da calzada mesmo pegadiño ao colexio Bouza Brey. Todo o que supoña, ao meu entender, o de alertar dun perigo aos nenos/as, pais, veciños, anciáns, automovilistas, etc., é moi de agradecer, pero máis de agradecer sería se ese desperfecto na rúa estivese arranxado nun tempo prudencial para así previr posibles riscos evitables. Quenes gobernan o Concello pregóan eficacia e rapidez na xestión municipal. Neste caso sucede todo o contrario, demostran ineficacia e deixadez, sobor de todo se se ten en conta que hai un colexio ao seu carón.

Algunha vez por medio do teléfono 010 téñome posto en contacto co Concello para denunciar este feito, até agora non lle deron solución ao mesmo. Vigo sempre foi unha cidade fermosa, pero así como a cidade ten o seu encanto, sen dúbida algunha o seu rural, as súas paisaxes as súas praias os seus montes son un tesouro, a pesar da súa beleza natural moitos dos seus lugares están esquecidos, non se lles presta a atención debida.

Por medio desta carta quero solicitar ao Concello o arranxo da rúa San Xoán, así mesmo que se preste os mesmos servizos aos veciños do noso rural como llos presta aos da nosa fermosa cidade. O barrio de San Xoán do Monte forma parte deste tesouro, pero que está bastante esquecido.