Non somos nada e sómolo todo. Pobo Galego onde estás? Agochado, calado, conformista e ermo. Onde quedaron as gañas de loitar? de reinvindicar? Aquela forza, onde está?

Baixamos a cabeza e deixamos que fagan o que queiran con nós. Cada día somos menos galegos.

É merecedor de ser o futuro do país ese rapaz que despreza o galego? Ese mozo que se mofa do idioma? A lingua é a única razón de que sexamos galegos.

Neste camiño auguro o peor futuro para nós, pero seremos capaces de madurar?de darnos conta do que somos? Necesitamos patriotismo, amor, ilusión... xa que só nós seremos capaces de cambiar e prosperar.

Espero que chegue o día no que Galicia se erga, abra os ollos e vexa o que somos, galegos.

Un barco non é o capitán, é a tripulación. Galicia é o seu pobo, somos as mulleres e homes desta terra, se queremos un futuro galego, debemos loitar.