Carta a Galicia

06.07.2017 | 05:04

E foi Deus quen despois da Creación deixou descansar a súa man en Galicia, terra de uvas e granito como moi posteriormente diría Nina Epton. Un país, unha cultura, un idioma que nos fan distintos aos demais, fannos galegos. Unha terra única, unha gastronomía única, un idioma único, pero en cambio non valoramos nada do que temos, pechamos os ollos ante toda a riqueza de Galicia e só miramos a outros lugares como se non houbese nada aquí.

Desprezamos o idioma, o noso idioma que é o eixe da nosa identidade como pobo, unha lingua de reis e trovadores. Se Afonso o Sabio levantase a cabeza pegaríanos unha labazada. Teriamos que estar morrendo de vergoña por dicirlle aos nosos fillos que a nosa lingua non vale para nada, cando é a chave para comunicarnos con máis de 220 millóns de persoas que falan o portugués. Miña pobre Galicia, esquecida pola súa xente, sobre todo a máis nova. Deixamos que che rouben a enerxía, deixamos que cada vez se fale menos o galego, deixamos que che gobernen ineptos, deixamos que nos atraquen cando vamos de Ferrol a Vigo? Esperta do teu sono Fogar de Breogán.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine