cartas al director

Chegou o verán para Elena

02.07.2017 | 06:05

O pasado 21 entrou o verán. Estaba ouvindo de noite na radio "Galicia en Goles", porque me gusta ese programa xa que fala con todos os deportistas galegos, estean en Galicia ou no resto do mundo. Cando o director do programa, Roberto C. Carballo, di que Elena Casal de Redondela ascendera a colexiada de primeira división feminina, lateume o corazón.

Coñézoa dende rapaza, de vir cos seus pais ao meu restaurante, de coincidir con ela no pobo cando estudaba no colexio da vila, de vela arbitrar soa a pequenos e con asistente aos maiores e de estar vendo a outros colegas arbitrar nun campo de fútbol. Foi unha deportista que chegou ao máis alto por ter os valores deportivos e de traballo; de adestrar moitas noites en Castrelos, fora o mes que fora; de superar probas físicas para cada ano ser mellor. Agora si, tivo ao seu favor a axuda dos seus pais e do seu irmán, que para ela foron esenciais. Dende que empezara a arbitrar, levábana os seus pais no coche. Por todo iso, merécelo. Co teu sorriso de verán, bonito e serio cando estás arbitrando, pola concentración que pós, recibe os meus parabéns, Elena. Un orgullo para o pobo de Redondela que tan deportista é.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine