Están vivindo con ilusión en familia, como todos nós, traballando para poder vivir mellor. Nesto, aparecen avións, as bombas, morren pais e fillos, caen as casa, sen poder facer nada. Suben ás pateras, moitos xa non chegan a ver terra. Outros contentos písana.Non saben o que lles espera, porque os europeos andan moi ocupados, fabricando armas que da moitos cartos.

E os que mandan viven do mellor, non lles importa que a xente morra, que os nenos pisen bombas de racimo, solo cartos é máis cartos.

Señores que gobernan: "Non á guerra".

Os que fan bombas debían ser os primeiros e subir a esas pateras e deixalos á deriva no medio do mar.

Non á guerra, non as armas. Facer ferramentas de traballo. Con menos cartos tamén se vive. Sabémolo todos os que vivimos dun pequeno retiro. Agora hai salarios de miseria que condean ós traballadores a ser pobres.

Todos temos pais, fillos, irmáns, todos temos dereito a vivir.

Vivín a guerra civil aínda que era unha nena. Vin nais chorar polos fillos que nunca volveron.

Non á guerra, nin cerca nin lonxe.