Atribúese a Einstein a frase : "destruir un átomo é tarefa máis doada que destruír un prexuízo". A dilatada e cosmopolita vida do gran físico foi observatorio esculcador de prexuizos entre colegas e na variopinta especie humana.

E daba Einstein por certa esta frase sabendo de antemán a imposibilidade de verificala dende o rigor do método científico-experimental. Non obstante, el mantivo firme a -chamémoslle así- "con vicción" verbo da existencia universal do "prexuízo" entendido como ganga intelectual de uso frecuente. Sostiña tal afirmación en base á experiencia acumulada no trato con xente de status e xeografía moi dispares.

Sirva o anterior de limiar necesaria para comenta-la columna de X. Lois Méndez Ferrín (Faro de Vigo do 19/06 ) onde, ao meu ver, o autor traga un par de prexuízos explícitos no canto de uniformizar: 1) superstición e relixión e 2) relixión con relixión -malia seren realidades diferentes e diferenciadas-. Á vez, que de xeito complementario, ten dixerido un par de prexuízos tácitos: 1) eludi-la verificabilidade da non-contradicción entre fe católica e razón. 2) eludi-la critica ao valor "científico" do marxismo que esta filosofía sempre dou en autoconcederense porque si -mesmo hoxe evoluída no económico a capitalismo duro, e no social a formato xénero-.

A frase de Einstein -rotunda e realista- asume, loxicamente, a dificultade de detectar prexuízos no propio de cadaquén .Pero a urxencia histórica de estar na "pomada" obriga á cidadanía a coñecer a fondo a realidade e a tomar distancia cara a mira-lo mundo a través de pensamento coa menor ganga posible.

Xusto Otero González