Gustaríame que me explicaran porque unha árbore que se chama "Plataneiro de sombra", que sempre estiveron nas cunetas das carreteras (quedando agora moi poucos) se podan totalmente sen deixarlle unha triste rama a finais de maio - xuño. Concretamente na rúa Purificación Saavedra, ao quedar agora totalmente pelados non cumpren a súa función de dar sombra.

No que eu entendo as árbores pódanse no outono-inverno que a sabia non está arriba ou é que queren que sequen?

Nunha primeira resposta dixéronme que as pólas medraban e tapaban as fiestras dos edificios. Podo entendelo, pero señores xardineiros e autoridades que os mandaron, quítenlle as ramas que molestan ou córtenllas algo pero non os "rabonen" de todo.

Mais este non debe ser o motivo cando na Avenida da Mariña (baixada a ETEA) pola marxe esquerda, que non hai fiestras pegadas á beirarrúa fixeron a mesma operación en plena ola de calor no mes de xuño.

Sinceramente era unha sombra que se agradecía e os plataneiros para iso foron plantados. Non sei en que están pensando! Gustaríame ter unha resposta convincente.