A bandeira da Virxe María

15.06.2017 | 04:55

No lugar de Seixalbo, parroquia de Bemposta (Ourense), creouse en 1957 "Bemposta Nación de Muchachos". Tiña entre os seus fins o ensino, a investigación, a cultura, a educación das artes e as ciencias, así como o desenvolvemento integral de todos os nenos e nenas adolescentes e mozos no ámbito nacional e internacional. A idea fundamental das escolas de Bemposta era promover o desenvolvemento físico e espiritual dos cativos, pero sen unha orientación relixiosa definida. Como parte da súa educación o neno tomaba parte nas tarefas de mantemento e xestión do complexo escolar (autoxestión). Empregábanse métodos pedagóxicos próximos aos das Escolas Democráticas, defendendo a participación libre do neno nos procesos de toma de decisións. As escolas de "Bemposta Nación de Muchachos" contaban co seu alcalde, co seu parlamento e mesmo coa súa moeda propia.

O seu fundador e director ata a desaparición desta entidade en 2003, por una serie de desencontros coa Administración, foi o ourensán don José César Silva Méndez, "O Padre Silva", a quen tiven a sorte de coñecer.

Nunha das visitas a Bemposta do gobernador civil de Ourense en plena ditadura, despois dos actos protocolarios de recibimento, toda a comitiva acompañaría o gobernador e o Padre Silva a un paseo polo interior da cidade para ver os logros e as necesidades da mesma. En chegando a diante da Casa do Concello, presidido pola bandeira galega, o gobernador preguntoulle ao Padre Silva; "Padre, esa bandera que está en el balcón del Ayuntamiento, que bandera es?". "No la conoce? Es la bandera de la Virgen María, señor gobernador". "Ah, ah, está bien". E punto!, que diría un de Vilalba, aínda que non para algo tan natural coma o caso do que falamos.

Desde 1975 ata o ano 2000 fun directivo dunha Sociedade Cultural do concello de Redondea. O seu balcón presidíano dúas bandeiras, a do Estado e a de Galicia. Fomos agredidos e ameazados varias veces por un botarate violento, porque non lle gustaba que a de Galicia estivese á dereita e a española á esquerda.

Cando en 1994 inauguramos as obras de reforma e ampliación do edificio (era unha antiga Sociedade Agraria) puxemos un só mastro (aínda está) coa bandeira de Galicia, coma en Bemposta. O día da inauguración, o 10.04.1994, o mesmo atoleirado e feroz individuo, acompañado de dúas persoas máis, preguntou onde estaba a bandeira española? Contestamos con outra pregunta: "A bandeira que está no balcón é española ou non?" Non houbo resposta ata hoxe.

Isto vén a conto porque acabamos de recibir un convite do Concello de Redondela para asistir á presentación e izado da bandeira de Redondela o día 14.06.2017. Corenta anos levan a bandeira de Galicia e a do Estado compartindo o balcón en igualdade. Ninguén se queixou nin pediu unha terceira bandeira que, o único obxectivo que ten é a de restar protagonismo á galega en favor da española ("al haber tres, la de España se colocará en lugar preferente"). Todo isto disfrazado dun localismo barato e trasnoitado que, no fondo sabemos que se trata dunha intencionalidade política. Si. Se o seu localismo fose priorizar o local, preocuparíanse da nosa cultura, da nosa toponimia, da nosa historia, da nosa identidade... Pero non? porque aos políticos sen auto-estima e firmeza no sentimento de pertenza parécelles que son mellor valorados se renuncian ou poñen en dúbida os nosos valores. Cantos Padre Silva farían falla na política.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine