O lío de Venezuela

09.06.2017 | 05:34

Venezuela ten un sistema político parecido ao francés, presidencialista. O pobo elixe o presidente e a asemblea lexislativa. Se en xuño a esquerda gana a asemblea francesa, Macron non deixa o cargo, senón que a asemblea terá que convivir con el ata novas eleccións. Isto último é o que non quere facer a oposición venezolana. Saltando a lei, está dando un golpe de estado e o lóxico é que o presidente reaccione diante da actitude violenta do grupo terrorista Voluntad Popular, apoiado por EE UU (que repite o esquema de Libia, Siria, Túnez, Iraq...) Os medios occidentais fanlle o xogo e ocultan que os centros sanitarios e educativosse triplicaron e que miles de vivendas se repartiron entre a xente de escasos recursos, algo que non interesa á oligarquía, que quere o poder como sexa para perpetuar os seus privilexios.

Tachan a Maduro de represor, pero, que ditadura permite á oposición ter maioría no parlamento e provocar actos violentos que en España serían considerados actos de terrorismo?

Cando Chávez chegou democraticamente á presidencia, Aznar non tivo problemas en demostrarlle sintonía, ata que comezou a expropiar as empresas en beneficio do pobo. Entón rompeu relacións con el, ao mesmo tempo que se entregaba con pasión a Arabia Saudita, verdadeira ditadura que en pleno século XXI crucifica, amputa mans ou reparte latigazos.

Pero imos calar a boquiña, non vaia ser que se enfade e se retire cos seus suculentos negocios. As varas de medir segundo conveña.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine