Comezo este escrito felicitando ao Instituto Oceanográfico de Vigo (Cabo Estai-San Miguel de Oia) polo seu centenario e aos seus funcionarios pola súa labor no transcurso dos tempos, recoñecido pola corporación municipal de Vigo coa concesión da Medalla da Cidade co gallo da celebración da Reconquista de Vigo.

Suliñar a importancia deste Organismo na investigación sobre as especies mariñas e a conservación do ecosistema dos nosos mares e no coñecemento e investigación, labor que se recoñece no coidado e vixilancia dos recursos dos nosos mares.

Polo tanto o meu recoñecemento á labor deste equipo de profesionais que coa súa dedicación coidan cos nosos mares e agardo teñan as mellores condicións medioambientais para que os recursos que saen de aí cheguen nas mellores condicións á cadea humana.

Con motivo da concesión pola corporación municipal deste galardón lin con atención a entrevista que concedeu a Directora do centro Dona Vitoria Besada e recollín algunhas cousas interesantes da mesma.

Laiábase que o Centro Oceanográfico era invisible para o conxunto dos vigueses que non localizan onde está. Non lle falta razón dicía ela que uns din que está en Bouzas, outros en Toralla e en plan un pouco irónico dicía que van ter que facer un póster grande para localizar o sitio e que a súa idea e saír á calle para darse a coñecer.

Estou totalmente de acordo con esas manifestacións, e comigo vai contar cun colaborador de primeira man se o necesita.

Eu quero emplazar ós organismo oficiais competentes en facer visible esta realidade.

Culpables desta situación son as administracións competentes que non se preocupan de facer visible a realidade territorial do entorno. Non sei se é por deixadez, descoñecemento ou premeditado.

Voulle dar uns datos por si o queren ter en conta. O Instituto Oceanográfico de Vigo está ubicado en Cabo Estai na parroquia de San Miguel de Oia a uns douscentos metros do campo de fútbol de San Miguel (A Pirucha) entre a Furna e o Apio denominación dunhas calas no linde sur do Radio Faro de Cabo Estai.

Fago un chamamento tanto ao Concello coma á Xunta de Galicia que fagan visible a nosa parroquia coa sinalización correspondente tanto referente ao Instituto Oceanográfico como ós límites parroquiais cos carteis identificativos tanto na estrada de Beiramar á altura de Mirambell e na comarcal 325 (Ricardo Mella).

Esperando teñan en conta esta recomendación quedamos á súa disposición.