Na seción de "cartas al director" en F aro de Vigo, aparece unha carta titulada, La momia de Franco, e asinada a persoa á que contesto. Escribe: Lo malo de tratar de ganar una guerra civil perdida en el pasado siglo ensañándome con la momia del vencedor, refleja al mismo tiempo impotencia y odio, teñidos de supersticioso temor, reabriendo viejas heridas y periclitados oprobios que debieran olvidarse para siempre.

Sr. Gamallo, a vostede me dirixo: o meu nome é Telmo Comesaña Pampillón e son fillo de José Comesaña Pérez, asesinado xuntamente co seu irmán Antonino e catro homes máis, o día seis de outubro do 1936. Meu pai tiña 25 anos e meu tío 32, quedamos catro orfos, a miña irmá de oito meses, eu dous e medio anos, e meus curmáns de cinco e sete anos.

Ese párrafo que reproduzo é a constatación da falta de respeto ás vitimas e a satisfación que demostra por centos de miles de asasinatos, dos que só, na parroquia de Alcabre, con seis asesinados quedamos vinte orfos.

Levo anos tratando de que meu pai non sexa considerado un daqueles que dín, "cuando los mataron es que algo hicieron".

Vostede non ten idea de como nos criamos, nin que en Galicia houbo entre 15000 e 20000 orfos. Nosos pais non morreron en ninguna guerra civil. Centos de miles de españois, homes e mulleres cumprían as consignas de Mola. "Tenemos que crear un clima de terror y violencia sin que nos tiemble el pulso, eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensen como nosotros".

Sr. Agulló vd. está acostumado a ofendernos coas súas proclamas. Saiba que esas palabras doen moito, moitísimo e faime lembrar a todos os seus devanceiros.

Vostede e outroros como vostede téñennos como o xoguete ó que se lles pode sacudir.

A cobardía que demostran fainos despreciabeis. Atreveríase vóstede a insultar ás vitimas de ETA? A contestación xa lla dou eu, non. Tremerían de medo.

Remato: por favor, deixe de amolarnos, home.

Non queremos gañar ninguna guerra, as feridas non se reabren, levan oitenta anos abertas e vostede fainas sangrar, o odio é cousa súa, non teño ningún interés en odiar a ninguén. Pero o seu maior desatino é dicir que hai que esquecer? demostra que leva no fardel da súa memoria unha carga moi pesada. Retratouse.

Só queremos o que demanda "Nacións unidas": Verdade, xustiza e reparación.