Falar da xuventude é moi complexo, pero como mozo e parte dela, véxome capaz de facelo. Somos rapaces complicados, deixámonos levar por modas absurdas, buscamos a aceptación social a toda costa e vivimos nunha burbulla, a maioría. Fumar, beber e ser malo, é sinónimo a gran aceptación, algo moi surrealista. Os mozos e mozas fan esta práctica sinxelamente para buscar un lugar máis alto na sociedade xuvenil. Case se podería dicir que vivimos nunha sociedade estamental.

Están os poderosos aqueles que teñen máis seguidores, fuman, beben e van a discotecas. Continúan os semi-poderosos, amigos da primeira "clase social" que comentei, e por último, está a xente normal, pero que mataría por ser dos "poderosos", claro está, que hai outras subclases e non sempre todo é así. Definiría a xuventude como podre, está chea de enganos, enemistades, rifas, tabaco e moitas outras cousas máis, ningunha boa.

Todos queren deixar de ser nenos aos 12 anos, todos queren ir vestidos igual e escoitar a mesma música.

Perdeuse a educación, as gañas de coñecer, a cultura... e gañouse en inseguridade, acoso, drogas, miles de esteriotipos absurdos e maldade, moita maldade entre os rapaces.

Todos queremos algo, pero ninguén da nada.