25 de mayo de 2017
25.05.2017

Caer da burra

25.05.2017 | 05:44

Ás veces pagamos sen cuestionarnos que nos están a cobrar, ata que un bo día caemos da burra.

Levo anos pagando unha cota mensual polos servizos de rehabilitación psicosocial e laboral que presta unha asociación de familiares e persoas con enfermidade mental que ten un concerto co Sergas.

Pago por unha familiar con enfermidade mental grave que foi derivada no seu día pola unidade de saúde mental do Sergas a esta asociación concertada.

Caín da burra e fágome preguntas:

-Por que me cobran un servizo sanitario concertado co Sergas? Acaso pago por medo á disolución da "pobre" asociación?

-Pago tal vez por agradecemento, porque son moi boa xente e non me subiron a cota co paso dos anos?

-Pago e calo porque non teñen en conta a miña capacidade económica, non vaia ser que teña que pagar mais?

Pero agora xa non teño medo e quero saber por que me cobran.

O curioso do caso é que ante a miña pregunta a propia asociación non sabe responderme e comunícame que para darme unha resposta debidamente motivada e xustificada teñen que trasladar a miña cuestión a Asesoría Xurídica de FEAFES.

Toma nota, se estás nunha situación parecida pregunta por que che cobran.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine