Desde que chegamos a este mundo necesitamos ter autonomía para camiñar pola vida. Ser libres é un valor innato á persoa. Sen embargo, todos sabemos que é difícil atopar un verdadeiro concepto para que nos leve con bo sentido na conquista da liberdade.

Se consultamos algúns diccionarios podemos ver: "A liberdade é o dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa segundo os propios criterios, e de decidir por ela mesma naquilo que lle incumbe, sen estar sometida a imposición doutros".

Os grandes filósofos da historia profundizaron sobre este tema e a clasificaron en tres tipos: física, intelectual e moral. Está última é a pedra de toque do concepto filosófico da liberdade. O libre albedrío do ser humano en canto a facer o que queira só se non perxudica a ninguén no seu facer, xerando accións para o ben común. Esto condiciona a súa vez outro concepto determinante: o poder, que é a capacidade para facer algo, pero suxeito a certas regras e condicións. Neste senso podemos resaltar a Ética, que é o estudio das costumes humanas en canto a se están ben ou mal, o bo ou o malo dunha acción, se está coa verdade ou se minte.

A ética, tan cuestionada nestes axitados tempos, merece unha revisión, non para fiscalizala senón que sirva para o que foi creada: xerar o bo facer da especie humana.

Por todo o devandito hai que concluir que a liberdade absoluta non existe. Podemos dicir que "a miña liberdade acaba cando empeza a dos demais". Chega un simple exemplo para demostrar: eu son libre de poder cantar, pero non o debo facer ás tres da mañá porque desperto a quen ten a liberdade para durmir. A problemática do botellón ven dada pola mala interpretación da verdadeira liberdade, sería outro exemplo. Podemos ser libres sen privar dos dereitos ós outros. É cuestión de educación.

A aprendizaxe desde pequenos para conseguir un equilibrio entre os dereitos e os deberes está na responsabilidade dos educadores e das familias.