No ano 1755 o pai Sarmiento atopou unha planta descoñecida ata entón nas frondosas marxes do río dos Gafos e deixou constancia dela cunha descrición e debuxos nuns manuscritos e, atendendo as características e debuxos, así como o lugar onde foi atopada, o botánico F.Javier Silva Pando pensa que a citada planta ten que ser a orella de rato, posteriormente catalogada e publicada por Person no 1797 e deulle nome Myotosis Discolor polo que deducese que Sarmiento descobreuna con anterioridade.

Un fato de bornes mulleres e nenos combocados pola asociación Vaipolorío guiados por Carlos Solla F. Javier Silva Pando e Amancio Castro, xa sen tempo non era saímos na busca da planta Orella de Rato río arriba onde trascorre máis limpo e menos contaminado, buscamos polas orelas verdecidas e nas brañas o lugar do río que permanece máis virxe case como no tempo de Sarmiento, atopamos moitas plantas que sobre de todo os urbanitas como eu non coñeciamos ou tiñamos esquecidas tamén moitas delas medicinais das que utilizaba o Faracho e outros curandeiros, fixen un pequeno rasguño e despois de moitísimo tempo voltei a utilizar a Cilidonia que as nosas nais recollían nos balados e nas orelas do río para curar as feridas pois e un cicatrizante moi bo así como outras herbas que as súas bondades e beneficios para a saúde se transmitían oralmente nas corredoiras e nos muíños.

O verdor da herba e as árbores, as xestas lirios e narcisos en flor e o rechouchio dos paxaros xunto ao marmurio do río que baixa con moi pouca auga pola falta da choiva, lonxe quedan os tempos das sete enchentes no ano, era como estar ollando un cadro de Van Gogh e escoitando unha melodía de Manlher. O botánico Pando con moita paciencia ía recollendo as plantas que nos íamos apañando e parecianos raras, con moita paciencia ía colocándoas entre as follas dun xornal nun carpaz similar ao que utilizaban os naturistas do tempo de Sarmiento para logo estudalas máis devagar.

Nunha pradeira a carón dun Estrigueiro que se pensa que a árbore máis vella do río no lugar onde según detallou no manuscrito Sarmiento atopou a planta quedei abraiado ao atopar entre as herbas moi altas as fermosísimas mapoulas en flor moi abondosas antano en prados e fincas e beiras dos ríos e que facía tempo que non ollaba ventureiras na natureza.

Despois de duas horas pateando o río non a atopamos pero a nadie lle importou moito pois o paseo valeu a pena, seguramente a Orella de Rato despois de presentárselle a Sarmiento pensou que nos non tiñamos categoría e iso que Calros Solla que coñece todos os seres que habitan no río por algo e o seu cronista invocou unha Moura que frecuenta unha poza no Gafos pero nin con esas, tamén pode ser como alguén apuntou que co cambio climático as pesticidas a contaminación e demais aldraxes que se lle fixo ao Gafos acabaramos con ela, pero nos irnos seguer buscándoa porque se existe seguro que ten que estar no Gafos. Onde ía estar senón.

Anton Roel Villanueva