10 de mayo de 2017
10.05.2017

Cando o PP local de Pontevedra escorrega

10.05.2017 | 05:36

O partido do PP en Pontevedra, dirixido por Jacobo Moreira, xa non será capaz de incrementar o nivel de coñecemento ante tanta escaseza de luces ou ideas que amosa o grupo. Non é nada novo, xa vén dos tempos de María Biempica, censurada e expulsada polo partido cando votou en contra da reforma do aborto de Gallardón por cuestión moral e liberdade de conciencia rompendo a disciplina de voto do PP nun pleno do Concello pontevedrés. Aquel día foi un revulsivo para unha Pontevedra obediente co partido que impoñía (e impón aínda) cuestións morais discutibles. Aplaudín porque era ela soa, a única que dixo "non" á mordaza do partido. María Biempica foi valedora dos principios que nunca se deben negar nin impoñer.

E nada cambiou. Mirando nestes días o F aro de Vigo (edición Pontevedra) lin: "O PP reprocha a Lores que invite a cenar a empresarios chinos en un local de Poio". Antes, foi nun restaurante de Nova York onde pagou algo menos de tres mil euros, e agora, en Poio, pagou 779.92 euros para 39 comensais "a veinte euros por cabeza aproximadamente". Toda unha barbaridade. Pero non acaba aquí todo,nesta tremenda dilapidación. E o grupo pontevedrés, supoñemos que escandalizado ante tantas "invitacións" sucesivas, pregunta: "... pero esta vez con la queja añadida de utilizar un restaurante de Combarro (Poio) en lugar de uno del municipio capitalino". Pero aínda hai máis, e de novo pregunta o PP pontevedrés con moitos "fundamentos": "¿Qué pensarán los hosteleros de Pontevedra al ver que su alcalde prefiere pagar una cena en Combarro en lugar de acudir a un establecimiento pontevedrés" . Os reproches se xustifican, en opinión do PP, porque trátase de "una invitación institucional". E aí queda iso. Os reproches ao alcalde pontevedrés ante tanto estrago de comida e burla intolerable para os hosteleiros pontevedreses, segundo do PP pontevedrés, non prosperaron. E nada pasou: nin o torpedo lanzado á mesma liña de flotación do Alcalde alcanzou o seu obxectivo, nin os hosteleiros pontevedreses "reclamaron" danos e prexuízos "institucionais". Os políticos do grupo municipal pontevedrés "escorregaron" esquecéndose do sentido común e non houbo "guerra institucional" dentro do Concello, e moito menos entre Pontevedra e Combarro, por "lindes" de comidas. Afortunadamente.

Pero, ao parecer, o grupo pontevedrés municipal do PP, que encabeza Jacobo Moreira, segue dentro do marabilloso casco vello histórico pontevedrés, recuperado e dinamizado, pero gobernando a vella muralla do medievo onde se marcaba o tempo coas enormes e pesadas portas de madeira que se pechaban coa chegada da noite para seren abertas lentamente coa alba, é todo dentro dun illamento preocupante, sabendo que o país sempre sofre polo mesmo lado mentres que polo outro algúns políticos perden o tempo en banalidades. Mesmo parecen ser os da Pontevedra "profunda" dentro da muralla celosos inquisidores dos que comen fóra, sexa en Poio, Barro, Cotobade, Moraña, Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa ou Marín, por citar tan só os concellos limítrofes con Pontevedra. En fin, que para o Alcalde de Pontevedra vai ser complicado comer: ou "institucionalmente" dentro da muralla ou "extrainstitucionalmente" pero fóra da capital.

Esa Pontevedra "profunda", dentro da muralla, na que a Banda Municipal do Concello abandonaba a corrida de touros da Peregrina para acudir tamén á procesión; ou cando aquela TV Localia pontevedresa tan exclusiva que non consideraba conveniente emitir anuncios de fóra para non prexudicar aos "empresarios" locais, e que se contrataba a través dun funcionario que traballaba na extinta Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra; ou as cultas explicacións do PP de Pontevedra dando conta das excelencias da nosa "Marbella galega" e que se anunciaba baixo o nome bárbaro (aínda estes días) de "Sangenjo". Era, en verdade, unha Pontevedra bárbara, irresponsable, pero singular, divertida, curiosa, única, metade aberta e metade endogamia.

En fin, unha Pontevedra xa superada. E xa podemos comer en Combarro sen portas nin muralla. "¡Tun,tun! -¿Quién es? - La paloma y el laurel -¡Abre la muralla!"

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine