"É unha mágoa que a excelentísima presidenta de honor de COGAMI en Pontevedra non acudise á central de Vitrasa a mañá de venres para revisar cos seus empregados as ramplas dos autobuses. Coa súa pericia e excepcional coñecemento do servizo de transporte público vigués teríase decatado de que o bus de reforzo desa mañá en Travesía nin sequera a levaba, o meu amigo Javi non foi quen de tomalo e tivo que agardar ao seguinte, e que a dun C3 estaba defectuosa e deixou atrapada no interior do bus a unha rapaza en cadeira de rodas esta mesma tarde tamén en Travesía. Aproveitar tamén esta carta para saudala e felicitala polo seu gran traballo en prol do colectivo con diversidade funcional. "