Fernando Cimadevila non fixo un obradoiro. Non repartiu lapis e ideou exercicios de redacción. Pero foi moi didáctico e cravou os tempos. Ninguén fixo preguntas en público. "Algunha vez te alegraches tras un desengano amoroso pois tiñas para un bo guión?Pensei".

Construír unha novela implica a creación de todo un universo. Hai que facer un pacto co lector, a coñecida como suspensión da incredulidade. Xamais podes rachar coas normas e pautas. Facelo e como os que van o teatro e non apagan o son do móbil.

"Todos cando escribimos nos sentimos iluminados".Cada día temos inspiracións.Pero é nece-sario ler, informarnos e documentarnos. "Escribín Acariciando o ceo sobre alpinismo e o máis alto que subín foi ó Pedroso. Tiven que ver National Geographic e algúns capítulos de Calleja".

Empaticemos coas personaxes. Teñen que ser interesantes. E diferenciar entre principais e secundarios ou antagonistas. Debe haber sinerxias entre eles,como se fora unha dínamo. Evitar maniqueísmos. "A xente non é mala de por si, sen un motivo". Non é necesario ter dúas personaxes que se parezan moito; nese caso o mellor sacrificar un e fundilos.

Outro asunto imprescindible é a elección do narrador máis axeitado. Non ten por que ser o escritor. En Forrest Gump querían contar a historia dos EE UU desde a perspectiva dun rapaz. O problema é que o neno medra. Solventaron o atranco cun home con problemas intelectuais.

Hai que deixarse levar polo compás do escritor, a improvisación. Así a historia terá máis graza, será máis fresca e nos sentiremos mellor con nós memos.

Precisamos unha rutina para a escrita. Algo difícil polas obrigas familiares e laborais. E un apoio persoal, un látigo que nos obrigue a non desistir.É interesante escoitar outras opinións. Reler e corrixir é case máis importante que escribir. "Se a noite anterior puxeches algo raro saltan as alarmas". Jack London dicía que publicaba para deixar de reescribir.

De Carlos Negro aprendeu que cada palabra é importante. Busquemos termos que evoquen situacións como na poesía. En novela negra os lectores dan moitos paos, nas obras románticas son máis benevolentes.

O fin último do escritor é o autocoñecemento. Aínda que todo proceso artístico tamén ten o obxectivo de saír ó mundo exterior para coñecer o feed back que provoca.