O Romanticismo levado a máxima expresión, o derroche, a excelencia, contraste puro, de Mendizorroza ó Luminus Arena, risas, choros e outra vez risas... a paixón latina levada ó límite nun terreo de xogo,... qué sufrimento, qué frenesí o Totismo, qué grande ser celtista!

Dende logo a pasada noite Ile insistía o meu fillo (volvía a insistirlle...) que para un celtista non importaba o resultado cando en realidade queriamos gañar e saber que se sinte,... pero quizáis realmente é así. Un pode ser do Madrid ou do Barcelona pero si decides ser do Celta non importa o resultado senón a idea, o "cómo"... nunca o "qué", se queres resultados xa sabes, invirte en valores seguros, non te arrisques a subir á "noria" do "ser celtista".

Se se trata de non gañar prefiro facelo xogando ben, mellor dito xogando precioso como un conto de Navidad e si o conta Berizzo facendo marcaxes o home en todo o campo, presionando os nosos centrocampistas e mesmo os laterais o porteiro contrario, .... derroche físico e técnico,... o prefiro... é paixón pura... Si ademáis do orgulloso "cómo" conquerimos o "qué" e somos semifinalistas da Europa League simplemente é incrible. Sí o que oídes: somos semifinalistas da Europa League.

Cando entraches ó cespede de Balaídos naquel partido contra o Córdoba para decirlle á arbitro (ou mellor dito ó destino) que aínda non era o momento, que tiñas que facer algo máis en Vigo, na túa casa... como cando o "Corvo" esperou a túa carreira endiablada no Calderón para deixarcha franca para que a levantaras por riba do porteiro do Atleti..., como a túa mirada á bancada de Riazor aquel día que eu e ti sabemos cando saías do campo expulsado pero orgulloso como si naceras en A Madroa... ou cando levantaches a mirada en La Cartuja e miraches chorando á afición celeste...

Grazas pola maravilla de fútbol que nos regalaches como xogador e agora coma adestrador,... e grazas sobre todo pola túa persoa, a túa personalidade e filosofía de vida e por convencernos de que os soños se poden facer realidade poñendo afouteza e corazón.

Grazas pola faciana do meu fillo cando no re-encontro te acordaches de el, de cando aquela vez por fin a terceira vez escribiches ben o seu nome... Se te vas nunca te esquenceremos pero ogallá non te vaias nunca.