Ana Fernández Catalina diríxese a vostedes para manifestar o seu desacordo en relación as bases da convocatoria "Vigo en inglés 2017".

Son docente nun centro público vigués e ademáis nai dun neno disléxico escolarizado en 3º da ESO, tamén nun instituto público de Vigo, e polo tanto conocedora da diversa problemática que afecta ao alumnado das nosas aulas e que moitas veces metemos nun mesmo saco.

Quero deixar constancia de que esta experiencia paréceme moi atractiva e de gran interese para o noso alumnado, pero por outra banda paréceme discriminatoria, xa que non se están tendo en conta a aqueles alumnos/as que pola súa problemática de aprendizaxe (dislexia, Tdah?), teñen que realizar un esforzo enorme para poder alcanzar un aprobado sobre todo nas linguas estranxeiras.

En concreto refírome aos nenos/as disléxicos/as. Estos/as nenos/as, a pesar de ter un C.I. normal, amosan dificultades para ler, para encontrar as palabras axeitadas para expresarse, para expresar as ideas de xeito organizado, con ortografía gramática e puntuación correctas, debido aos problemas para identificar os sons da fala e aprender como se relacionan as letras e as palabras, ao que se engaden outras dificultades como problemas de memoria a corto prazo, de organización? e algo que nunca se ten en conta, que é que as súas aprendizaxes non son estables polo que é especialmente recomendable reforzar a memoria visual e auditiva.

Como é posible que non se reserven algunhas prazas para o/a alumnado con esta problemática e que tan ben lle viría? Como é posible que se lles pida como condición indispensable como nota de corte un 7? Como é posible que non se valore o esforzo sobrehumán que teñen que adicar ao aprendizaxe das linguas estranxeiras para acadar como máximo un 5? Quen defende os dereitos destos/as nenos/as?

Como nai dun neno disléxico penso que deberían reprantexarse esta cuestión e non pisar os dereitos dalgúns nenos/as evitando así as discriminacións entre eles e facendo unha e non únicamente a nota.