27 de febrero de 2017
27.02.2017

Memoria Histórica de Salvaterra de Miño

27.02.2017 | 04:05

Falta un lugar, monumento ou unha simple placa onde poder levarvos unhas flores. Espero que máis pronto que tarde as autoridades municipales fagan algo o respecto.; para que o que vos pasou non fique no esquecimento. Dende estas simples liñas mándovos o meu ramo en forma de lembranza pública. Lémbrome dós que fostes fusilados, asasiñados, aquela mañán do 24 de febreiro de 1937, no Castro en Vigo, seica polo delicto de rebelión. Mentira! Os que deron o golpe de estado foron eles; eles os que se revelaron contra a orde democrática que existía foron eles.

Dez homes honrados e traballadores: Antonio Alfonso Domínguez, Vicente Domínguez Vilar, José Domínguez González, (Tte. de Alcalde), José Macias Gutiérrez, Etelvino Tielas, José González Montero, Manuel Romero Márquez, Manuel Eiró Estévez, José da Silva González e Antonio Martínez Soto.

Tampouco hai que esquencervos a vos, asasinados vilmente en calqueira lugar, Bernardo Bernárdez Martínez de Alxén, concelleiro, morto no lugar da Picada, 24 anos o día 29 de xullo do 36. Un descoñecido duns 40-45 anos en Puzo, Lira o 16 de setembro do 36. Cinco descoñecidos xuntos en Curros, Cabreira de entre os 20 e 45 anos. Delfín Rey Sánchez de 45 anos o 1 de decembro do 36, de S. Ciprián de Ribarteme, As Neves, no lugar da Cangalleira. Joaquín Rodríguez Carrera de 31 anos, de Cans, O Porriño, no lugar de Teáns, Oleiros. Outro descoñecido que aparece no Miño no lugar da Picada con unha soga o pescozo o 31 de xaneiro do 37.

Outros que aquí non estades pero fostes igualmente mortos, perseguidos e represaliados, para todos vos vai este "ramo".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine