Quixera precisar os termos do encabezado xeradores, penso eu, de erros de sentido na linguaxe coloquial e publicada.

A paz é un ben espiritoal que ten expresión social. Pacífico é o civil ou militar que traballa a prol da paz: Xesucristo chámalles Benaventurados. Militar é profesión (vocación) igual de pacífica que calquera outra profesión honrada.

Militarismo e Pacifismo: son ideoloxías. Militarista clásico é o civil ou militar das "asonadas" de Hispanoamérica. Pacifista clásico é o hippie dos lemas "sexo, drogas e rocanrole" e "fai o amor, non a guerra".

Gandi era pacífico, a súa non violencia non implicaba pasividade. En troques o ex ministro de Defensa, Bono, é pacifista ao entende-lo Exército coma ONG .

En tempo de paz a regra xeral da democracia consiste en resolver os problemas con fórmulas diferentes ás usadas en tempo de guerra poisque no frente dunha guerra xusta o Exército debe disparar con bala.

E no tocante á guerra xusta o Catecismo enténdea coma lexítima defensa explicando as súas condicións (Nºs 2309 / 2310).

Dito o cal xa coido innecesaria a OTAN poisque o Pauto de Varsovia desfíxose no 1989 e as guerras deixaron de ser convencionais. E sobre todo porque obriga a España a participar en guerras inxustas que non-os benefician.