02 de febrero de 2017
02.02.2017

Que ben vamos en Galicia!

02.02.2017 | 05:10

Novas de algúns días a primeiros de xaneiro:

1ª- A comunidade galega é a 2ª comunidade con maior número de falecidos en accidentes de tráfico no ano 2016, despois da comunidade valenciana, incrementándose a mortalidade un 16% mentres en España subiu o 2,6%. 2ª- Comezamos o ano na nosa comunidade co prezo dos carburantes máis elevado que no resto do Estado. 3ª- Os datos demográficos no 2016 en Galicia son insostibles, seguimos na cola de España e empeorando. 4ª- Galicia é a comunidade onde houbo máis afogados, no mar e nos ríos no pasado ano, despois de Canarias. 5ª- A afiliación á Seguridade social, no 2016, mellorou nesta comunidade un 1,86%, mentres no resto do Estado a mellora foi dun 3,1%, e o desemprego no mes de decembro aumentou practicamente só nesta comunidade. 6ª- Tamén foron inferiores, o ano pasado, a suba de soldos en convenio con respecto a media do Estado: 0,92% por 1,06%, e os importes os pagos das pensións nesta comunidade seguen a estar tamén na cola. 7ª- O porto de Leixoes en Oporto crece por riba dos portos galegos no tráfico de contenedores, e o aeroporto de Oporto cada vez ten moitos máis destinos e pasaxeiros que os tres aeroportos galegos xuntos. 8ª- A saída do AVE de Galicia segue a retrasarse despois de múltiples promesas, e aínda non se prevé a data de remate.

Poderíase seguir citando novas negativas e tamén algunhas positivas: aumentaron as exportacións, sobre todo centradas en dúas grandes empresas, incrementouse o número de peregrinos a Santiago, aumentou o consumo, etc, de tódolos xeitos o balance é moi negativo, polo tanto, a Xunta de Galicia dirixida polo PP, debería traballar en mellorar a vida dos galegos e deixarse de tanta demagoxia propagandística.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine