Por medio destas liñas quero dar os meus parabéns á directiva da Comunidade de Montes de Cabral, co seu presidente ao fronte Luís Rodríguez Pérez, polos logros conseguidos ao longo de todos estes anos. Soamente fai falta pasear polos montes de Cabral e ver o limpos e coidados que están e o emprego que xeraron nestes últimos anos para saber que fixeron un bo traballo.

Aínda que non é o momento de botar a vista atrás, quero lembrar moi brevemente, a crispación vivida nos últimos anos e o inxusto trato que esta directiva sufriu.

Na parroquia, para todos son coñecidas as desacreditacións persoais emitidas, as pintadas ofensivas, as diversas denuncias interpostas e o furgón con megafonía que se dedicaba a ir por todos os barrios para envenenar máis si cabe o mal ambiente que xa tiñamos. A causa de todo isto foi o loitar por uns terreos que ocupaba Aena desde facía tempo e que este presidente "iluminado" como se lle tratou no seu momento e a súa directiva de "iluminados" conseguisen unha indemnización de 7,2 millóns de euros para a parroquia de Cabral, cos cales se fixeron moitas cousas, como aumentar o patrimonio, crear emprego, etc.

Miña intención non é falar sobre a guerra que sufriu Cabral nestes anos, xa que me gustaría que eses tempos pasasen e que a cordura reine de novo para seguir progresando no benestar de todos os cidadáns de Cabral.

Con esta carta quero lembrar que o pasado mércores, día 28 de decembro, foi un día de celebración na parroquia. O primeiro tramo da senda peonil do río Lagares tras moitos contratempos e obstáculos para a súa realización é xa unha realidade, inaugurándose finalmente para ledicia e goce de todos.

Cabral xa conta cun fermoso paseo dun quilómetro que vai desde rúa Manuel Álvarez até o Mercado de Cabral e esperamos que a este primeiro tramo síganlle outros até chegar ao nacemento do río en Peinador.

Quero expresar as miñas sinceras felicitacións ao presidente da comunidade, Luís Rodríguez, e a toda a súa xunta directiva pola boa xestión que veñen facendo desde hai anos e anímolles a que sigan nesa mesma traxectoria.