O pasado día 29 asistín en Pontevedra a un concerto da Strauss Festival Orchestra, unha bóa orquesta, un director con sentido do humor, como se pide nestos "concertos vieneses", e unha soprano cunha voz de impresión, sumando a isto un corpo de baile. Un concerto xenial e uns cartos ben invertidos pola miña parte. Pero ademáis da orquestra, o director, a soprano e o corpo de baile, había outros "protagonistas", estos molestos. Trátase dos teléfonos móbiles, e desta vez non é debido a que soaran no intre menos axeitado, senón debido a que as súas usuarias -eran señoras- os utilizaran para grabar e sacar fotos, emitindo todo tipo de luces e destellos sobradamente molestos. O persoal do auditorio de Abanca tratoume con moita amabilidade, e me dixeron que soía pasar isto a pesar da expresa prohibición, que pode lerse na mesma entrada ao evento, pero que o feito de chamar a atención a estos espectadores implicarían todavía máis molestias durante concerto.

Eu lles digo a aquelas señoras das filas 7 e 6 do lado dereito do auditorio, que tras elas, na fila 9, había unha persoa á cal lle estropearon o concerto, xunto con seguramente máis xente, sensible a esas luces parpadeantes e destellos. Seica estas señoras asisten a este tipo de concertos por puro esnobismo, pero non teñen nen a máis mínima cultura, e lle suxiro que en troques de asistir a estos concertos de música clásica, que vaian a ver un "DJ" ou a unha orquesta de "chunda-chunda", máis acorde co seu nivel cultural sen molestar a xente que sí sabe estar e respeta as normas de conducta do auditorio.