Así polo miúdo o concepto de partidismo ven a ser a ansía por defenderse e tomar parte sempre a favor só dos intereses do grupo que se forma, chamado partido. É unha inclinación pechada ás mesmas ideas, en especial cando se debe ser imparcial.

O personalismo é a adhesión a unha persoa ou ás ideas que representa. Se di a tendencia a subordinar o ben común ós intereses meramente persoais.

Moitas veces tanto as persoas como os grupos sociais estamos faltos de imparcialidade ou cando menos da obxectividade para ser xustos e honrados con nós mesmos.

Estamos cada vez máis contaxiados polo individualismo. "Cada un fala da festa segundo lle foi nela". "Cada un arrima a brasa a súa sardiña...". Son estes os ditos que na sociedade actual ten moito significado. Parece mentira que os políticos e os medios, despois de predicar tanta xusticia social, tanta solaridade?, son os primeiros que non o cumplen e case sempre toman parte condicionados polos intereses creados.

Fálase moito da globalización, das relacións internacionais, das axudas ós máis desfavorecidos, pero todo se converte nun mercantilismo. Ó final o "vil metal" é quen manda nas persoas e nos grupos.

A educación nos valores é imprescindible. Estamos a perder cada día o tren do humanismo, que é o único que nos pode levar a un mundo máis feliz para todos. Lin estos días unha resposta dun filósofo actual que me gustou moito, ó preguntarlle para qué sirve a Filosofía contestou: para desidiotizarnos. Esto quere dicir que por non pararnos a pensar quén somos e por qué estamos aquí, corremos o risco de andar como idiotas buscando o becerro de ouro que non existe.

Quero acabar poñendo algúns exemplos donde podemos ver o uso de personalismos e partidismos. Observen os debates constantes na televisión. As tertulias de taberna coas discusións de fútbol. As relacións dentro dun mesmo partido político, e non digamos cos outros entre si?

Por desgracia sobran exemplos do pouco obxectivos e tolerantes que somos polo noso egoísmo e a nosa falta de intelixencia para saber convivir coas ideas dos demáis e aproveitar a súa riqueza para o ben común.