08 de noviembre de 2016

Pasarelas, presupostos e condenados

08.11.2016 | 05:05

Agora que son "licenciado laboral", e dispoño de máis tempo libre para andar en bicicleta e pasear, observo que as pontes e pasarelas de madeira que hai na nosa vila e arredores están moitas delas con danos na súa estructura que, máis cedo que tarde, quedarán fóra de uso cun valado diante, unha cinta e un letreiro que dirá: perdoen as molestias.

E isto pasará tanto nas que dependen do Concello, Deputación ou Xunta de Galicia, e eu non quero perdoar as "molestias". Eu o que quero é que os nosos "políticos-gobernantes" se preocupen da súa conservación e bo estado, cousa na que podería pensar agora que están, ou teñen que presentar os presupostos do ano que ven.

Penso que é máis barato facer un traballo de mantenza que sustituilos máis tarde por ouros novos; tratando a madeira con vernices e aceites axeitados, repoñendo as pezas das mesmas que xa están apodrecidas, etc. Estes traballos pódense facer cos traballadores deses organismos ou ben coas persoas que teñen algunha condena e que lles interese trocar a mesma por traballos en favor da comunidade. Digo isto porque nos xornais destes días recollíase a seguinte nova: "Cerca de 2.000 penados pontevedreses se acogieron a esta fórmula en un año".

O que non debería pasar é que as pasarelas, pontes e demáis estructuras de madeira se deixen estragar; por iso lles pido ou debemos pedir os cidadáns esa responsabilidade aos nosos gobernantes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 
Enlaces recomendados: Premios Cine