A corrupción dos cargos políticos é unha lacra, e tódalas voces de críticas que contra tal corrupción se erga son insuficientes. Pero hai un tipo de corrupción oculta, da cal ninguén fala, da cal todos calan a pesares de contar con casos gravísimos e claramente delictivos. Refírome á corrupción administrativa levada a cabo por algúns funcionarios dos entes públicos. Os políticos van e veñen, pero este tipo de xente, independentemente da cor política do goberno... están aí. E niguén lles pide contas. Amañan concursos públicos, usan fraudulentamente dos recursos públicos, favorecen aos seus, etc., exactamente igual que os políticos que son observados con potentes lupas, mentres estoutros, ca confianza dos anos facendo o que lles peta... o siguen a facer.

E falo con coñecemento de causa, xa que eu mesmo fun, e son, vítima deste tipo de funcionario: amañan concursos públicos para favorecer a unha persoa ¡e o fan de xeito reiterado!, cometen fraude de lei durante anos, e cando unha persoa pide explicacións ¿qué pasa?. En primeiro lugar a súa identidade é violada, facéndose pública aos denunciados, para que libremente che poidan agredir. Despois chegan as ameazas por correo electrónico, as coaccións, ninguneos, insultos e, por último, unha denuncia falsa nun Xulgado. É entón can lle fan a un "conciliarse" usando da coacción por medio dos avogados do gabinete xurídico, pagado, obviamente, con cartos públicos. Estos avogados son como os pistoleiros do "mafioso clásico", pero mentres que o Al Capone ten que ter contentos aos seus pistoleiros e pagarlles os seus honorarios, estes mafiosos de despacho usan de avogados pagados con cartos de todos ¡menuda cara!

Despois, a "Valedora do Pobo", arquiva de xeito reiterado as miñas denuncias, e do mesmo xeito faino a Fiscalía e un Xulgado de Primeira Instancia. Por suposto o "telefonazo", deporte nacional, e os favores paralelos entre administracións, cando non unha manifesta complicidade, fan que as posibles denuncias se arquiven ou se perdan por algures. Omito o nome do ente público, xa que vivo na constante ameaza e os seus avogados son máis eficaces que o máis sagaz dos pistoleiros.

¿Permitiríase tal impunidade de tratarse dun cargo político? Abramos os ollos, hai máis corrupción que a política, e está enquistada na administración usando dos recursos desta para beneficio deles e dos seus amigos. Son a mafia, pura e dura, e debo debir que a maioría deles van pola vida de "progres". Non pretendo extende-la crítica a todo o corpo de funcionarios, sería tan absurda coma inxusto, pero esta é unha reflexión necesaria. Se só foran corruptos os políticos, o país podería ir tirando, pero con esta xentalla eternizándose nos despachos nunca seremos unha parte digna de Europa.