A ama de casa ou dona de casa é, na cultura occidental tradicional, a muller que ten como ocupación principal o traballo no fogar con labores domésticas tales como: o coidado dos fillos, a limpeza da casa, a compra de víveres e outros artigos, a preparación dos alimentos, a administración parcial ou total dos presupostos familiares, a supervisión dos traballos e de tarefas no ámbito do fogar, e un longo etcétera.

Este lugar ocupao a muller (a esposa, no matrimonio convencional composto polo home, a muller e os fillos e fillas). Da ama de casa espéranse tradicionalmente moitas cousas, pero sobre todo abnegación, cuxo significado é literalmente "negarse a si mesmas", especialmente para protexer ós seus fillos.

Nos tempos recentes, en que os papeis de xénero foron cambiando, é cada vez máis común que o home empece a tomar parte dese oficio que tradicionalmente só desempeñaba a muller.

Con todo penso que aínda está moi lonxe a forma equilibrada de compartir xustamente esa función na vida da familia. Mentras a muller non se incorporou ó traballo a figura da ama de casa quedaba clara: o home estaba fora e a muller levaba todo o da casa. Por outro lado, na vida das aldeas, a muller ademáis de levar o fogar aínda lle axuda ao home nas labores do campo.

A muller traballadora, en moitos casos segue a ser tamén bastante ama de casa. É un oficio no que o home aínda non ten moita práctica.

A través dos tempos a muller casada exerceu un traballo na casa, que sempre foi moi pouco considerado. Facer as compras, ter as comidas a punto, limpar, lavar a roupa, atender ós fillos na educación e en todos os seus coidados? Todas estas tarefas xuntas comprenden unha verdadeira profesión levada con gran resignación, quizais pola vocación de tan digno traballo como muller e nai.

Penso que a sociedade sempre foi moi inxusta con elas, e por consecuencia tamén as administracións. Foron e son as nais de cada un de todos nós... É una vergoña que esas todas mulleres, despois de tantos anos nese traballo tan importante para as familias, non teñan ningún dos dereitos laborais. Que menos que unha digna xubilación coma outras persoas traballadoras! Pois, nesta profesión, nin lle otorgan o dereito a cotizar polo seu traballo para que poidan estar amparadas pola Seguridade Social para o día de mañán.