03 de octubre de 2016
03.10.2016

Fumar mátate

03.10.2016 | 03:54

Todos lembramos os textos das primeiras campañas das autoridades sanitarias contra do hábito de fumar tabaco, imprimidos mesmo no paquete, cuxo slogan principal era "Fumar puede matar". Pasados uns anos, decatáronse de que dito slogan non era suficientemente contundente pois estábase achegando aos fumadores a mensaxe de que, como consecuencia da súa adicción, podían morrer ou non. Iso dependía... E cambiárono polo actual: "Fumar mata".

Porén, para os profesionais da saúde, apenas hai diferenzas entre ámbolos dous lemas. Por exemplo, o derradeiro, "Fumar mata", é similar a un concepto xurídico indeterminado: non se sabe ben a quen mata; se aos paxaros, aos ratos, ás abellas... Semella que é aos outros a quen mata, nunca a un mesmo.

Eu teño visto morrer unha morea de doentes por causa do dano producido nos seus principais órganos polas sustancias xeradas na combustión do tabaco. Uns de EPOC (Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica); outros por un ACVA (Accidente Cerebro Vascular Agudo); e non poucos debido a un IAM (Infarto Agudo de Miocardio). Foron mortes que acabaron ca vida de persoas concretas, con nome e apelidos; con familia e amigos. Como acontece cas vítimas dos accidentes de tráfico.

Por iso quixera motivar dende aquí ás autoridades sanitarias galegas, españolas e europeas para que substitúan, outra volta, a advertencia á poboación do perigo que o fumar tabaco representa para a saúde, o enganoso "Fumar mata", por esta outra máis axeitada á realidade: "Fumar mátate".

Para os galegos, en galego, por suposto. Para que entendámolo todos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine