Non é problema de Pedro

01.10.2016 | 05:15

Sempre pasa o mesmo, eu xa o vivín na miña propia experiencia persoal sendo cabeza de cartel nas e- leccións municipais, si se gañaba era o fantástico grupo, si se perdía era o cabeza de lista. A culpa repartida non é culpa, é responsabilidade e ésta non interesa. Agora pásalle a Pedro Sánchez, como si o problema fora él, e o PSOE non se da conta de que o problema é outro, é problema de ideoloxía, de plantexamentos. Non pode basar un partido a súa ideoloxía en ser o contrario ó Partido Popular, non pode ter un proxecto inexistente a nivel global e incerto para cada lugar. Qué se pensa do federalismo do PSOE de toda a vida? Qué posición temos da actual Europa o si a mesma que a do PP? E do sistema capitalista de mercado? Onde nos situamos no mercado da globalización? Qué diferencia ó PSOE andaluz da dereita do PP galego? A onde chega o seu control político local? Por qué se fala de esquerdas e dereitas no partido socialista? Por qué se intenta pactar desde algúns sectores do PSOE co Partido Popular? Non será por evitar o temor ó mal menor do pluripartidismo? Por qué esiximos o mesmo a un secretario general con un sistema en onde xa irrumpiron parlamentariamente outras opcións políticas que ó secretario general dun parlamento antigo onde só primaba o bipartidismo? Pensa Susana Díaz que o resto de España, e en concreto Galicia, Cataluña e Euskadi son o mesmo que Andalucía, e que valen os mesmos plantexamentos en tódolos lugares? Por qué se da tanta importancia a un acomodado expresidente González que xunto con Rajoy foi dos presidentes que acumularon máis casos de corrupción na democracia recente? Xa nos olvidamos de Roldán? Non recordamos que polo seu modo de actuar a González os seus compañeiros do PSOE lle chamaban "dios"?

Está claro que un partido non pode transitar pola política española sin unha previa clarificación de tantos conceptos a día de hoxe tan necesarios. Fai falta frescura, innovación, políticas valentes e atractivas para as novas xeneracións, tamén políticas resolutivas. Pero seguramente esas non serán as políticas das vellas glorias, nin de "exbaróns" que perderon as súas propias eleccións, nin de baróns actuais que están sempre en contra do seu líder con tal de manterse nos seus cargos. Por iso, desde unha visión externa, comprobo cómo tódolos males se cargan sobre Pedro. Tamén os aparatos do partidos son moitas veces inxustos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine