30 de septiembre de 2016
30.09.2016

Bos e malos no PSOE?

30.09.2016 | 04:55

Ás veces acontece que, cando cres que as cousas non poden ir peor, acaban indo tremendamente peor. Iso debeu pensar Pedro Sánchez que, coma se Xesucristo se tratase, viviu nun mesmo día a traizón e a crucifixión.

Na política non é común asumir que a cada un lle pasa o seu tempo, de cando en vez, todos desexamos a nosa dose de protagonismo. A quenda foi de Felipe González. Que o PSOE non era un club de amigos fieis sabiámolo todos, e a detonación do pasado mércores, apuntalou os febles alicerces no que se sostiña o secretario xeral. Ben é certo que Pedro Sánchez non pasará á longa historia do socialismo polo seu liderado, capacidade de xestión ou excelentes resultados electorais, mais a xogada que lle fixeron dende as formacións máis meridionais tampouco será lembrada como a manobra política máis acertada ou limpa.

É dende logo imposible agochar as ganas de Susana Díaz ou Emiliano García-Page de ocupar o sitio de Sánchez, pero un partido político constituído hai 137 anos e que foi chave na historia contemporánea de España, non se pode permitir escenas nas que a metade do comité executivo dimite coa pretensión de salvar ao PSOE e a España. E máis nestes momentos. Guiarse por egos e ambicións persoais é se cadra algo inherente á política, mais un non pode presentarse ante a opinión pública alegando que quere salvar ao país, deixando de lado ao seu partido e traizoando a quen foi elixido polos militantes. Un pouco de sentidiño, por favor!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine